CRTVG

Buscar

Asaltan un estanco no barrio coruñés da Gaiteira

Publicado o 13/12/2019 14:14

Cristaleiros reparaban esta mañá o escaparate deste estanco, sito na avenida de Oza, horas despois do suceso, acaecido contra as tres da mañá. Sobre esa hora, un descoñecido entraba no mesmo derrubando o antigo cristal con este martelo, que abandonou no lugar dos feitos.

O ladrón marchou coa caixa, que só tiña unhas moedas para cambio. Non levou mercancía ningunha. Esta é a cuarta vez que este establecemento sofre a visita dos ladróns en apenas dous anos.

Porén, clientes, veciños e hostaleiros do lugar afirman que a zona non é especialmente conflitiva. Agradecerían, iso si, unha maior presenza policial.

Noticias web

13/12/2019