CRTVG

Buscar

Asaltan un bar no Burgo, en Culleredo, e levan os cartos da caixa e da comecartos

Publicado o 13/06/2018 14:14

Onde tamén entraron roubar foi nun bar de Culleredo. Rebentaron unha cristaleira e levaron a recadación da máquina comecartos e un ordenador.

Sucedeu de madrugada, nesta céntrica cafetería do Burgo, no concello coruñés de Culleredo. Unha zona en que, segundo os veciños, a vixilancia policial é constante, e aínda así produciuse o roubo. Rebentaron o cristal cunha maza e accederon ao interior. O estrondo foi tal que os veciños dos pisos superiores espertaron sobresaltados e foron os que alertaron a policía. Así o recoñecían hoxe ante as nosas cámaras, aínda que por medo a posibles represalias prefiren manterse no anonimato.

A responsable do negocio cre que tiñan moi claro o que buscaban. Levaron a recadación da máquina comecartos e o pouco diñeiro que gardaban na caixa, sobre uns mil cincocentos euros en total, ademais dun ordenador. O resto nin o tocaron.

Xa foi localizado o vehículo en que fuxiron. Tamén era roubado. Agora a Policía Local e a Garda Civil estreitan o cerco sobre os asaltantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018