CRTVG

Buscar

Asaltan un bar en pleno centro de Santiago

Publicado o 30/07/2020 13:36

Rouban nun bar en Santiago. O botín e os danos achéganse aos 2.000 euros.

O dono asegura que é a segunda vez que lle entran no local nos últimos dous anos e, polo xeito de actuar, cren que é a mesma persoa. Agora din que ter medo a que estes tipos de asaltos aumenten.

Foi a propia policía a que chamou o dono para darlle a mala noticia cando ía de camiño cara ao seu negocio pola mañá cedo. Os axentes esperaban na porta.

Unha das fiestras que dan a unha praza e unha calella laterais estaba rota. Aínda se poden ver os sinais da desfeita.

Ao parecer, o ladrón rebentou o lugar onde hai unha asa para abrir a xanela e entrou dentro do bar botando ao chan todo o que tiñan na soleira. Despois foi dereito á caixa dos cartos.

Ángel Carneiro, dono do bar La Muralla, di que "o que máis nos preocupa é o que virá agora mesmo tal e como estamos atravesando unha pequena crise de falta de traballo, de falta de medios, que a xente teña ese medo a que nos entren".

Levou as voltas que tiñan na caixa. Malia contar con medidas de seguridade o asaltante non se acovardou.

As cámaras de seguridade gravaron a súa andaina no interior. Ía cunha viseira que fai difícil a súa indentificación pero creen que podería ser a mesma persoa que xa lles entrara doutra vez.

"Sospeitamos máis ou menos de quen puido ser porque hai dous anos tivemos tamén outro roubo do mesmo xeito. Entrou pola fiestra, houbo máis desfeita. Sabemos as características da persoa, ía cun chándal, unha gorra, alto, entre 1,80 e 1,90, e leva unha tatuaxe no pescozo", conta Ángel Carneiro.

O dono di que a partir de agora non van deixar ren na caixa. Teñen medo de que os roubos vaian a máis.

Noticias web

30/07/2020