Asaltan tres rochos nun inmoble da Coruña e levan unha bicicleta de gran valor
Coas portas rebentadas. Así quedaron os tres rochos asaltados neste inmoble situado preto da estación de autobuses da Coruña.
"Rebentaron as portas e roubaron o que había dentro. Dun deles levaron unha bicicleta", comenta José Amado, un veciño do inmoble.
Os veciños cren que o ladrón ou ladróns actuaron ao caer a noite. E sospeitan que accederon ao edificio pola porta do garaxe.
Esta é a segunda vez que reciben a ingrata visita dos amigos do alleo.
"Da outra vez, desde as escaleiras, cortaron o cable do cobre, tiraron e levaron todo o da toma de terra. Foi un gasto de 3.000 euros", explica José Amado.
Así que, para evitar un novo roubo piden que se extremen as precaucións.
Agora, a Policía Nacional é quen se encarga de investigar quen e como puido acceder ao interior do edificio.