CRTVG

Buscar

Asaltan o pazo de Oca e levan o salmón de ouro e un crucifixo de prata

Publicado o 21/05/2019 18:08
Asaltan o pazo de Oca e levan o salmón de ouro e un crucifixo de prata

Roubo nun lugar emblemático da nosa comunidade, o pazo de Oca, no concello da Estrada. Os ladróns entraron de noite, rompendo o cristal dunha fiestra do primeiro andar. A alarma activouse axiña, así que só puideron acceder a unha estancia e marchar con dúas pezas: o salmón de ouro outorgado polo Concello da Estrada e un crucifixo de prata. Segundo a propiedade do pazo, os dous elementos tiñan, sobre todo, un valor sentimental.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019