CRTVG

Buscar

Asaltan o campo municipal de fútbol de Chantada e causan unha perda de mil euros

Publicado o 11/02/2019 13:37

Asaltan de madrugada o campo municipal de fútbol de Chantada. Foron máis os danos ca o roubado. O Concello estima unha perda total de mil euros, dos que boa parte son para repoñer pechaduras. Este é o sexto campo de fúltbol que asaltan nas últimas semanas na provincia de Lugo.

O campo de fútbol do Chantada foi o obxectivo do cacos na noite da fin de semana. Ao parecer, os asaltantes entraron no estadio saltando o valado, xa que a porta principal non presentaba danos. Unha vez dentro, entraron na enfermería, os vestiarios, o almacén e o bar. Nalgunha das entradas empregaron unha panca de ferro para forzar a porta e noutros rebetaron a pechadura.

José Antonio Neira, presidente do Chantada Atlético: "Uns cartiños que tiñamos alí, sobre 220 euros, que tiñamos de cambio entre moedas e billetes pequenos para traballar no despacho de billetes o día dos partidos e traballar no bar tamén. Ben, tiñámolos agachados, así que tiraron todo o que tiñamos nos armarios, rebentaron as portas dos armarios que tiñamos con pechadura e deixaron todo estrado por alí. Incluso bebidas que temos nas neveiras. Deberon estar buscando nas neveiras por se había algo máis agachado. E tiraron as bebidas todas polo chan e todo o que había nos armarios deixárono todo tirado, esnaquizado".

Este campo emprégano varios clubs. Non levaron nin equipos de son nin outra cousa. Os cartos, malia non ser moitos, fan boa falla.

José Antonio Neira, presidente do Chantada Atlético: "Para nós son moitos. Supón andar na procura por aí de dez ou quince persoas pedíndolles carné de socio ou percorrer catro ou cinco locais para que nos cheguen a dar 200 euros. Para nós si que supón. Non son moitos realmente, pero para nós supón bastante".

Este non foi o único campo afectado. Durante a fin de semana tamén asaltaron o campo de Escairón e Monterroso. E o xoves, o da Pastoriza, Pol e o da Pontenova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019