CRTVG

Buscar

Asaltan na mesma madrugada os campos de fútbol da Pastoriza, Pol e A Pontenova

Publicado o 07/02/2019 13:33

Nin os pequenos campos de fútbol se libran dos roubos. Persoas descoñecidas asaltaron na mesma madrugada as instalacións deportivas de tres concellos lugueses: A Pastoriza, Pol e A Pontenova. Nos tres casos provocaron estragos para poder acceder. No caso da Pastoriza levaron un portátil e preto de 300 euros da recadación do bar.

Diego Fernández, vicepresidente da S. D. Pastoricense: "Démonos de conta de que estaban as chaves miradas e vimos o ventanal aquel, que estaba roto, e logo xa vimos na oficina que faltaban os cartos e o portátil e as portas todas forzadas".

Diego Fernández, vicepresidente da S. D. Pastoricense: "O peor de todo os danos, os cartos foron 250 ou 300 euros do cambio do bar e o portátil máis ou menos... Pero o peor agora é arranxar todo isto, temos que facelo todo nos".

O club xa presentou denuncia na Garda Civil, e sospéitase que as persoas que asaltaron o campo da Pastoriza fosen as mesmas que actuaron en Pol, onde tamén levaron unha pequena cantidade de cartos, e na Pontenova, dous concellos non moi distantes. Os afectados cren que é moi complicado evitar este tipo de roubos.

Diego Fernández, vicepresidente da S. D. Pastoricense: "Se pasou en máis campos da provincia entendo que xa viñan a iso, deron unha volta por todos. Algunha medida de seguridade poderiamos tomar, pero pouco máis se pode facer. Aquí de noite non durmimos. Por máis que estean aí o instituto e as casas non podemos estar aquí".

Na Pastoriza pensan xa no arranxo urxente das portas e cristais, xa que esta fin de semana teñen partido e, curiosamente, recibirán o Pol, outro dos clubs afectados por esta vaga de roubos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019