CRTVG

Buscar

Asaltan duas tendas do centro comercial de Lugo

Publicado o 11/07/2019 12:52


Foi un asalto de película, organizado e rápido. Un grupo de catro persoas entraron coa cara tapada no centro comercial e roubaron en duas das tendas de telefonía mobil. Levaron medio cento de terminais algúns valorados en máis de mil euros, e os cartos en metálico que había gardados nas caixas rexistradoras. O total do botin supera os 20.000 euros. Para aceder á área comercial forzaron a pechadura da entrada pincipal da planta baixa pero non rebentaron os cristais. Esperaron a que se levantara a reixa que se acciona automáticamente ás seis da mañá para que entre o persoal de limpeza. Xa dentro, forzaron cunha pata de cabra as persianas metálicas das dúas tendas de telefonía móbil.A policía cre que se trata dunha banda profesional itinerante.
Todo apunta a que estiveron a vixiar o centro comercial para coñecer os seus sistemas de seguridade e a rutina dos seus empregados. Agora a Policía Científica está a examinar as imaxes que gravaron as cámaras de seguridade en busca de pistas que permitan a identificación e detención dos asaltantes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019