CRTVG

Buscar

Asaltan dous negocios de hostalería na Coruña

Publicado o 11/07/2018 14:22

Na Coruña, asaltan dous negocios de hostalería moi próximos en días consecutivos.

Nunha das cafeterías é o segundo roubo en dez días. No outro local, roubaron tres veces en dous meses.

Xa repararon os estragos que causou un ladrón na porta deste bar da Coruña. O roubo foi a madrugada do martes. Unha testemuña viu un individuo coa cara cuberta que fuxía nun coche tras desvalixar a máquina comecartos. O dono calcula que os delincuentes puideron obter un botín de tres mil euros entre este último asalto e outro que sufriu hai dez días.

Tampouco foi a desta semana a primeira vez que entran a roubar neste outro negocio da mesma rúa. Contan tres nos últimos dous meses. Desta volta, o ladrón ou ladróns, romperon unha porta do lateral para desvalixar a máquina comecartos e a do tabaco. Tamén se apropiaron do contido da caixa, coa recadación do domingo. O dono do local cre que os delincuentes conseguiron máis de 3.000 euros en efectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018