CRTVG

Buscar

Asaltan de madrugada unha tenda de telefonía de Verín escachando o escaparate

Publicado o 01/10/2021 14:18

Malia que espetaron un coche contra a tenda de madrugada para esnaquizar a cristaleira, ninguén se decatou do que estaba pasando. Provocaron importantes danos. Unha vez dentro remexeron todo para atopar algo de valor co que fuxir en pouco tempo. Non se explican como despois de causar tal desfeita non roubaron nada.

A Garda Civil investiga se estes cacos foron os mesmos que asaltaron sobre unha hora antes outra tenda de telefonía móbil en Xinzo de Limia. Aquí forzaron a persiana e a porta e, á falta de facer inventario, de momento tampouco botan nada en falta. Os clientes esperaban ás portas pero non puideron abrir esta mañá.

Buscan os ladróns e fan pescudas para saber se tamén están detrás doutro asalto semellante hoxe en Lalín.

Noticias web

01/10/2021