CRTVG

Buscar

Asaltan de madrugada un restaurante dun polígono de Lugo

Publicado o 13/08/2019 14:30
Asaltan de madrugada un restaurante dun polígono de Lugo

Un encapuchado asaltou de madrugada unha parrillada no polígono lugués do Ceao. O home levou o diñeiro que había na caixa rexistradora e na máquina comecartos e provocou desperfectos no acceso traseiro e no interior do local. A Policía Nacional acudiu ao lugar logo de recibir unha chamada en que alertaban da presenza de estranos na contorna do establecemento. Unha vez alí, os axentes puideron comprobar que as cámaras de seguridade gravaron a acción do autor do roubo. A alarma do local non chegou a soar polo que todo apunta a que se empregou un inhibidor durante o asalto. Tamén se investiga se houbo unha segunda persoa implicada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019