CRTVG

Buscar

Asaltan 10 casas en Gomesende e Ramirás e os veciños están preocupados

Publicado o 02/06/2020 14:25

Preocupación e medo entre os veciños dos concellos ouresáns de Ramirás e Gomesende pola vaga de roubos en vivendas. Neste mes e medio xa asaltaron 10 casas.

Esta é unha das vivendas en que entraron para roubar na aldea de Moreiras, en Gomesende. A maioría son segundas residencias dehabitadas desde o comezo do estado de alarma e os ladróns aproveitaron para roubar. Levan de todo, desde electrodomésticos ata maquinaria.

Os veciños sopeitan que se trata dunha banda organizada que actúa polas noites. Por iso, desde os concellos de Ramirás e Gomesende xa lle pediron á Garda Civil que intesifique de noite a vixilancia nestas zonas.

Noticias web

02/06/2020