CRTVG

Buscar

Asaltados dous bares en Ribeira, onde hai empresarios que dormen nos locais por medo

Publicado o 08/03/2018 14:27

Dous bares de Ribeira sufriron roubos nas últimas horas. En tres semanas, o número de casos disparouse ata tal punto que hai empresarios que dormen nos locais por medo a que lles entren os ladróns. Lamentan que, aínda que os deteñan, queden libres ás poucas horas.

Esta noite foi en Palmeira e a anterior noutro bar de Ribeira. A propia policía avisou os propietarios de que lles entraran a roubar.

Esta mesma semana denunciáronse outros dous casos: en Oleiros, onde estouparon unha máquina expendedora cun explosivo, e en Corrubedo, no restaurante dun cámping.

Os hostaleiros da zona cuestionan o escaso número de efectivos de seguridade, con 17 axentes para todo o concello. Subliñan que fan un bo traballo, pero lamentan o rápido que os ladróns volven á rúa.

Solicitan axuda para combater unha situación que lles ocasiona, din, un grave prexuízo económico, á parte do trastorno que supón.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018