CRTVG

Buscar

As zonas termais seguen pechadas e non ven un horizonte de reapertura

Publicado o 25/05/2020 15:08

As zonas termais de Ourense están pechadas e sen perspectivas polo menos a curto prazo, para a súa reapertura.

O motivo non é outro que a falta dunha normativa específica por parte do Ministerio de Sanidade, que aclare de que xeito se podería proceder á súa reapertura. Polo de agora só indica que non aconsellan pozas, remansos e leitos de auga doce para uso recreativo.

Balnearios como os de Laias, Lobios ou A Arnoia abrirán as súas instalacións progresivamente a mediados de xuño, confiando en que xa se permita o desprazamento entre provincias.

"A día de hoxe podemos abrir, pero como non está permitido o movemento entre provincias difícilmente se fan sostibles uns negocios hosteleiros e termais simplemente contando co público de aquí de Ourense", asegura Alberto Canal, director de comunicación de Caldaria.

O balneario de Outariz ten prevista a súa reapertura a finais desta semana, será con cita previa e extremando as medidas de seguridade.

Noticias web

25/05/2020