As zonas illadas do rural contarán cun matadoiro móbil
O servizo de matadoiro móbil está pensado para facilitar o sacrificio principalmente de porcos, cabras e ovellas naquelas explotacións de zonas illadas ou de montaña. Trátase dunha vella demanda do sector coa que queren reducir os custos que lles supón desprazarse ata un matadoiro, e ofrecerlle maiores garantías de calidade e trazabilidade os consumidores.
"Vai permitir que esas pequenas explotacións teñán máis cerca eses servizos que lles permitan tamén conseguir unha maior rendibilidade dos seus produtos. Este matadoiro móbil vai garantir a trazabilidade do produto, vai tamén a asegurar o benestar animal. En definitiva, vai mellorar a rendibilidade destas explotacións que as veces porque están en zonas de montaña, ou en zonas alonxadas dos matadoiros, pois teñen dificultades para a comercialización dos seus produtos".
A consellería do Medio Rural porá en marcha tamén un programa piloto de oficina agraria móbil, o rural sobre rodas, un mecanismo co que pretenden achegar os servizos de asesoramento alí onde se demande e non haxa oficinas agrarias.