CRTVG

Buscar

As xogadoras logran parar a competición na primeira xornada de folga

Publicado o 18/11/2019 16:08

O fútbol feminino profesional está en folga indefinida. As xogadoras reclaman o primeiro convenio colectivo que regularice a súa situación laboral. Esta fin de semana a folga foi un completo éxito. As xogadoras non se presentaron en ningún dos campos, e a xornada suspendeuse na súa totalidade. En Abegondo tiña que disputarse o Deportivo Abanca-Logroño. Nin unha alma no campo á hora do partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019