CRTVG

Buscar

As xogadoras da selección galega de fútbol gaélico ensinan en Irlanda a bailar muiñeira

Publicado o 01/08/2019 18:17

A selección galega de fútbol gaélico participou esta semana no mundial, que se disputa en Irlanda. O equipo dos homes non puido derrotar a Francia e caeu en oitavos nun partido moi igualado. En canto a As Irmandiñas, quedaron ás portas da final e fixéronse con bronce tras perder contra Nova York. Pero non todo foi darlle ao balón. As xogadoras lanzáronse a ensinarlle uns pases de muiñeira ás súas compañeiras irlandesas mentres tocaban unha peza de música tradicional.


 

Noticias web

01/08/2019