CRTVG

Buscar

As xestorías están desbordadas polos autónomos

Publicado o 26/03/2020 20:46

Desbordados. Así é como están os xestores ante a avalancha de chamadas
dos autónomos que se ven na necesidade de salvar os seus negocios. Toca
pagar o trimestre e a xente non ten a documentación.

Situación complicada para as empresas que non teñen un peche forzado da
súa actividade. O negocio está parado e teñen que pagar aos
traballadores.


A todo isto, súmase o inicio da campaña da renda a próxima semana.

A lei indica que o ERTE por forza maior debe autorizarse ou rexeitarse
en cinco días e polo de agora nada saben.

 

Noticias web

26/03/2020