As xestorías, desbordadas polas inspeccións de Facenda
Publicado o 05/08/2020 15:00
Tras a parada dos meses de confinamento e desecalada reactívanse os procedementos e as ordes de inspección por parte da Axencia Tributaria.
Unha avalancha de requirimentos que mantén desbordadas as xestorías tras un mes de xullo complicado de por si, en que coincidiron a campaña do IVE, o imposto de sociedades e a presentación de contas no rexistro mercantil.
Desde a Asociación Española de Asesores Fiscais sinalan a situación económica que atravesa o país como a causa do aumento da presión sobre os contribuíntes por parte de Facenda. Nas xestorías chaman a atención determinados requirimentos.
Fontes da Axencia Tributaria apuntan a que a acumulación de traballo durante a pandemia está saíndo de xeito paulatino.