CRTVG

Buscar

Os veciños dunha aldea da Estrada, atemorizados polos cans dun veciño

Publicado o 14/02/2018 09:57

A xente dunha aldea da Estrada está atemorizada por un veciño que ten unha manda de cans na casa.

Outro veciño denunciouno por abrirlle a cabeza cando trataba de protexer do ataque dos cans os seus cabritos. Os veciños din que os cans mataron xa galiñas, gansos, parrulos e ata ovellas.

Co día que está, os veciños desta aldea de Trabadela, no concello pontevedrés da Estrada, non saen fóra das casas, e tampoucose ven os cans que os teñen atemorizados.

José Manuel é un dos que máis medo ten. Hai oito días volvía á casa co seu rabaño cando foi atacado polos cans e polo dono deles, outro veciño do lugar.

"Veño coas cabras e os cabritos e os cans botáronse a eles. Eu tornei os cans e vén el cun pau, dáme unha estacada e tírame. Veu a Garda Civil moitas veces pero segue na mesma: os cans soltos e el ameaza con matarme e teño medo. É capaz de matarme".

Calcula que ese veciño conflitivo ten máis dunha ducia de cans na casa. Uns animais que se botan a todo o que se move.

"Algúns saen para fóra e son dos perigosos. A nós éntranos na leira que a temos pechada. Matáronme as galiñas, andan detrás das ovellas. Temos que saír con paus. Hai uns cantos que se botan a nós".

A Pilar chegaron a trabala e asegura que sofre ameazas.

"Que alguén faga algo, que o obriguen a ter os cans pechados nunha leira para que non molesten ou se teñen que sacarllos que llos saquen".

Queren volver andar tranquilos polo lugar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018