CRTVG

Buscar

As xeadas deixan Galicia tremelicando: Calvos de Randín chega aos -12ºC

Publicado o 07/01/2021 14:15

Galicia segue con temperaturas, que de noite e ao abrente, ven de lonxe os cero graos. Hai concellos onde chegaron aos doce graos baixo cero, como o ourensán de Calvos de Radín, que rexistrou as unha das temperaturas mínimas do país. A culpa está a ser de Filomena, a borrasca que ven dende o Atlántico, que está deixando unhas xeadas que fan impresindible botar por riba varias capas de roupa.

Moitos galegos teñen problemas, din que se conxelan as portas e hai problemas para pasar polos sitios onde a neve non se foi porque hai xeo e patinan os coches. Non tíñamos auga no vertedeiro pola mañá.

Malia o frío, o ceo está pouco nubrado ou en moitos casos despexado, o que fai que estar á raxeira sexa un pequeno remedio para poder andar por fóra. Así e todo o mercurio pouco sobe por riba do 0. A mellor parada é a provincia da Coruña, onde os dez graos son todo un alivio.

Na rúa din que está moi frío e hoxe aínda está algo despexado. Normalmente hai neboa e queda o frío da noite. Chégalle ben.

A alerta laranxa volverá esta noite e estará activa ata as nove da mañá. O sur de Ourense segue a ser a zona onde o frío é máis intenso, con temperaturas de oito graos baixo cero, onde a alerta será laranxa. Pero na zona da montaña estarán a uns menos seis con alerta amarela. Unha alerta que se estende a zona de Valdeorras, o litoral pontevedrés e o Miño. E tamén en Lugo, no sur e na montaña.

Noticias web

07/01/2021