CRTVG

Buscar

Millóns de persoas únense para salvar o planeta no Día Mundial polo Clima

Publicado o 27/09/2019 21:58


As voces de millóns de persoas uníronse por un mesmo berro: o de salvar o planeta. De Nova Zelandia a Washington pasando por Nixeria. En 150 países de todo o mundo saíron á rúa para pedir que se actúe de forma inmediata para frear os efectos do cambio climático.
España non foi allea a esta folga mundial polo clima. Máis de 500 organizacións sumáronse á protesta promovida a escala global polo movemento Venres para o Futuro. As marchas máis numerosas foron as de Madrid e Barcelona da tarde pero houbo mobilizacións en máis dun cento de vilas e cidades.
Pola mañá, no arranque desta folga polo clima, a protesta foi, sobre todo, xuvenil. Segundo o sindicato de Estudantes dous millóns de alumnos secundaron o paro.
Coas manifestacións desta xornada, culmina unha semana de mobilizacións que empezou en Nova York coa protesta previa ao cumio de acción climática das Nacións Unidas, unha reunión en que se pedia aos países medidas de recorte de emisións máis fortes para aprobalas na proxima conferencia do clima que se celebrará a finais de ano en Chile.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019