CRTVG

Buscar

As vivendas turísticas galegas resisten ben a crise da covid-19

Publicado o 06/08/2020 21:51

Non todas as zonas presentan os mesmos datos, xa que no caso das cidades, máis dependentes do turista internacional, baixou de xeito sensible. Mentres, nas vilas costeiras a demanda experimentou unha suba.

A media situouse no mes de xullo no 68%, apenas tres puntos menos que o ano pasado. E os datos de agosto apuntan cara arriba.

"Nestes primeiros días xa apreciamos un aumento na demanda, e podemos falar de que andamos arredor do 80 por cento de ocupación. Aínda que temos que ser prudentes porque a situación vai cambiado a cada paso", sinala Dulcinea Aguín, presidenta de AVITURGA, Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia.

Hai arredor de once mil vivendas turísticas no mercado galego. As máis demandadas este ano, por aquilo de ter todo á man sen moverse demasiado, son as que ofrecen xardín e psicina.

"Non só na costa, senón tamén no interior, aquelas vivendas que teñen a parcela pechada, con piscina e servizos na mesma propiedade, pois teñen máis demadna", di Dulcinea Aguín.

O Goberno acaba de publicar a normativa de hixiene e seguridade que rexe no sector das vivendas turísitcas. Aínda que xa se cumprían unhas medidas básicas, o decreto incorpora obrigas tanto para os propietarios como as empresas que operan no mercado.

"O protocolo que fixa o decreto obriga as emrpesas a cumprir as medias de hixiene, EPI e seguridade cos seus traballadores. E para os propietarios das casas, pois que cumpran coa limpeza, distancia, etc", apunta Dulcinea Aguín. 

A estancia media aumentou ata os sete días en vivendas illadas. Madrid, Asturias, País Vasco e Castela e León son os lugares de procedencia maioritaria dos inquilinos, aínda que se notou un aumento do cliente da propia comunidade.

Noticias web

06/08/2020