CRTVG

Buscar

As vivendas turísticas esquivan a crise sanitaria e manteñen os alugueiros

Publicado o 07/09/2020 16:46

Os mellores datos para este tipo de aloxamentos atopámolos na provincia de Pontevedra. Nas Rías Baixas a ocupación acadou o 81 por cento de media durante o mes de agosto. Enchéronse as casas situadas en zonas como a Illa de Arousa, A Guarda, Cambados, O Grove, Sanxenxo e Nigrán. Os visitantes decantáronse sobre todo por casas con piscina ou xardín.

Ao contrario que nos hoteis, onde as reservas experimentaron unha forte caída, as vivendas de uso turístico mantivéronse en niveis moi parecidos aos do ano pasado en toda Galicia.

Convertéronse na opción máis escollida e lograron manter os niveis de ocupación de anos anteriores no peor verán para o sector turístico.

Noticias web

07/09/2020