As vítimas por mor da pandemia en Galicia ascenden a 2.529, tras rexistrarse hoxe cinco falecementos
Publicado o 18/08/2021 20:23

O Sergas acaba de notificar o falecemento de cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas ascende a 2.529 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os decesos rexistrados son os dunha muller de 85 anos na residencia de maiores de Ribadeo, un home de 88 anos en Povisa, un varón de 83 anos no Hospital de Verín (precedente da residencia Val de Monterrei), un home de 93 anos no Hospital de Monforte e unha muller de 89 anos no Hospital de Burela.
Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.