CRTVG

Buscar

As vítimas da covid−19 ascenden a 2.614 en Galicia tras notificárense dous decesos

Publicado o 16/09/2021 19:32
As vítimas da covid−19 ascenden a 2.614 en Galicia tras notificárense dous decesos

O Sergas notificou este xoves o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, o número de vítimas ascende a 2.614 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dunha muller de 94 anos no HULA e un home de 88 anos no CHUS.

Segundo informa Sanidade, ambos padecían patoloxías previas.

Noticias web

16/09/2021