As vítimas de violencia machista, máis en risco co confinamento
Nesta situación de crise provocada polo coronavirus merecen atención especial as vítimas de violencia de xénero obrigadas a pasar o confinamento co seu agresor.
Deben saber que poden saír da casa se están en risco, pero tamén teñen outras posibilidades.
En Pontevedra, Mariluz Losada, coordinadora do programa de atención as mulleres que sufren violencia machista, explícanos que outras posibilidades teñen. Estas mulleres xa están sempre en situación de risco pero os perigos aumentan cando se pasa moito tempo xuntos, como ocorre neste momentos.
Explica Mariluz Losada que "desde a Xunta de Galicia reforzouse o teléfono da muller, o 900.400. 273, que é a onde van derivadas as chamadas ao 016. Desde o Ministerio estanse articulando outros servizos pero aínda falta por plasmar algo concreto. Polo de agora estanse adaptando os servizos que xa había", asegura.