As vítimas de Angrois reclaman unha investigación técnica independente
Publicado o 24/07/2020 17:06
Sete anos despois do accidente do Alvia, os familiares das vítimas seguen pedindo xustiza e que se aclare o sucedido. Esta mañá percorreron as rúas de Compostela para reclamar apoio e para non esquecer as 80 persoas falecidas e case 150 feridas.
Acompañáronos alguns representantes do BNG. Ana Pontón anunciou que desde o Parlamento galego volverán reclamar unha investigación independente. É o que reclaman tamén desde a Plataforma de Vítimas.