CRTVG

Buscar

As vítimas da violencia machista poden solicitar o bono de alugueiro ata mediados de marzo

Publicado o 28/02/2020 16:28

Foi no 2015 cando naceu o bono de alugueiro social que xa incluía as vítimas de violencia de xénero entre as beneficiarias. O pacto de Estado dotou as comunidades de maiores recursos e Galicia, no 2019, creou unha liña de axudas específicas en que ademais das vítimas inclúe como beneficiarios os fillos menores de idade. 

"Para facilitar que a persoa poida refacer a súa vida fóra de ese entorno prexudicial para a propia vítima e para os seus convivintes axudándolle a pagar a renda do algueiro que en función da localidade onde decida situarse a persoa pode oscilar, á axuda, entre os 175 euros mensuais ata os 225 euros mensuais".

O bono complétase cunha axuda única de 600 euros para facer fronte aos gastos iniciais de alta de subministracións e fianzas. Poderá ter unha duración de ata 6 anos. 

"A axuda pode prorrogarse por un periodo de tres anos, prorrogable excepcionalmente por outros tres anos máis".

Estas axudas que este ano incrementan a súa contía ata máis de 2 millóns de euros, poderán solicitarse vía telemática ou presencial no Instituto Galego da Vivenda e Solo a partir de mediados de marzo, acreditando a condición de ser vítima de violencia de xénero.

Noticias web

28/02/2020