CRTVG

Buscar

As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 1.236 tras rexistrárense 8 novas mortes

Publicado o 03/12/2020 20:34
As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 1.236 tras rexistrárense 8 novas mortes

O Sergas notificou o falecemento nas últimas horas de oito persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Coas novas mortes rexistradas, o total de falecidos por mor do virus en Galicia ascende a 1.236.

En Pontevedra faleceron unha muller de 71 anos no CHOP, procedente da residencia de Vilaboa, e un home de 80 anos, tamén no CHOP.

Na área de Vigo faleceron un home de 70 anos no CHUVI, que procedía da residencia Doral de Mos, e unha muller de 85 anos no Hospital Povisa.

Tamén faleceu unha muller de 77 anos, no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

En Santiago faleceu un home de 91 anos no CHUS

Mentres, na Coruña faleceu un home de 81 anos no CHUAC.

En Ferrol faleceu un home de 56 anos no CHUF.

Todos eles tiñan patoloxías previas.