CRTVG

Buscar

As vítimas da covid−19 ascenden a 2.574 en Galicia tras notificarse catro mortes

Publicado o 01/09/2021 19:51
As vítimas da covid−19 ascenden a 2.574 en Galicia tras notificarse catro mortes

O Sergas acaba de notificar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, a cifra total de vítimas ascende a 2.574 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Na xornada de onte perdían a vida un varón de 64 anos no HULA —procedente da Residencia das Gándaras— e un home de 81 anos no Hospital de Valdeorras.

Nas últimas 24 horas faleceron un home de 70 anos no CHUVI —procedente do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela (Redondela)— e un varón de 83 anos en Povisa.

Segundo informa Sanidade, todos eles sufrían patoloxías previas.

Noticias web

01/09/2021