CRTVG

Buscar

As visitas de turistas a Galicia en agosto superan as cifras anteriores á pandemia

Publicado o 23/09/2021 14:51

670.000 visitantes e 1,6 millóns de pernoitas. Son as cifras de turismo que nos deixa o mes de agosto, que hoxe fixo públicas o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Eses datos, segundo o presidente da Xunta supoñen a "recuperación do turismo". Núñez Feijóo, dixo este xoves que as cifras do mes de agosto alcanzan as de antes da pandemia, no ano 2019, e así Galicia converteuse na comunidade "con maior recuperación turística", afirmou, tras un "verán extraordinario" asegurou o presidente da Xunta.

Segundo os datos do INE, as pernoitas en establecementos hostaleiros creceron un 70,85 % en agosto en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata as 1.570.226, que é un dato lixeiramente superior ao de igual período de 2019, antes de que se declarase a pandemia da covid.   

O índice de prezos hostaleiros rexistra na comunidade un incremento do 15,3 %, mentres que a tarifa media diaria, que se situou en 79,41 euros, creceu un 12,78 % anual. Tamén subiron os ingresos por habitación dispoñible, neste caso un 80,82 %, ata os 53,71 euros.   

Noticias web

23/09/2021