As vilas turísticas agardan compensar cos galegos a falta de visitantes foráneos
Publicado o 18/03/2021 14:27
Un paseo pola praia e gozar do sol pode ser unha boa opción nesta ponte de San Xosé. A relaxación da mobilidade vainos permitir facer turismo interior en Galicia. As localidades máis turísticas, como Sanxenxo, agardan unha boa afluencia de visitantes.
Iso si, as policías locais van reforzar o dispositivo para evitar a chegada de visitantes de fóra de Galicia e tamén problemas de masificación.
A ausencia do turismo exterior vaise notar nos negocios, pero os comerciantes, por exemplo, agardan salvar a ponte.
Os máis madrugadores desfrutan xa da ponte con total seguridade. Mentres, os hoteis abertos aínda ofrecen prazas para os que queiran aproveitar a ponte.