As vilas mariñeiras réndense á súa patroa, a Virxe do Carme
Publicado o 16/07/2019 11:59
É día do Carme é día de homenaxe á patroa da xente do mar. Unha data que se vive con especial intensidade nas vilas mariñeiras, con moito que agradecerlle e tamén moito que pedirlle.
En Camariñas, Marisol Soneira, presidenta da Comisión de Festas, cóntanos como vai ser o programa de festexos e como se vive o día da patroa do mar na súa vila.