CRTVG

Buscar

As viaxes longas aumentan o risco de trombose pola pouca mobilidade

Publicado o 12/04/2019 21:39

Facer viaxes longas aumenta o risco de trombose entre dúas e catro veces. Son datos da Sociedade Galega de Medicina Interna, que con vistas ás vacacións de Semana Santa alertan desta situación. Máis do 50% dos pacientes que presentan unha trombose relacionada cunha viaxe teñen algún factor de risco engadido.

Os consellos para minimizar as consecuencias de ter as extremidades paradas durante varias horas, son sinxelos. Moverse de cando en vez e mudar a postura das pernas con frecuencia para evitar na medida do posible a formación de coágulos.

Hidratarse tamén é moi importante, beber moita auga nese traxecto prolongado. Desaconsellan a toma de tranquilizantes, porque o sono profundo dificulta a mobilidade. Os viaxeiros que tiveran algún episodio previo poden facer uso das medias de compresión elásticas mentres os doentes con alto risco deben consultar o seu especialista para calquera tratamento anticoagulante.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019