CRTVG

Buscar

As viaxes en tren entre A Coruña, Santiago e Ourense terán unha suba maior

Publicado o 23/12/2019 19:32

Renfe vai aplicar unha suba dun 1,2% nos trens Avant a partir do próximo 1 de xaneiro. Deste xeito, viaxar da Coruña a Ourense custará algo máis de 25 euros, fronte aos 18 do traxecto entre A Coruña e Vigo. Os viaxeiros quéixanse, falan de prezo excesivo por un servizo deficitario.

As tarifas de Renfe modificarán os prezos dos traxectos ferroviarios en Galicia no primeiro día do ano. De novo, as viaxes entre A Coruña, Santiago e Ourense subirán unha décima máis ca as do corredor atlántico entre A Coruña e Vigo. 

Fronte a este prezo, o eixe de media distancia A Coruña e Vigo quedará en 18,70 euros por viaxe.

A Xunta de Galicia xa se dirixiu, a instancias do Parlamento, á dirección de Renfe para denunciar o que consideran un agravio para os usuarios do traxecto interior. O Goberno autonómico pon cifras. Considera que o billete entre Santiago e Ourense debería reducirse nun 40%. 

 

Noticias web

23/12/2019