CRTVG

Buscar

As viaxes do Imserso poderían atrasarse por un recurso xudicial

Publicado o 05/08/2021 12:02
As viaxes do Imserso poderían atrasarse por un recurso xudicial

As viaxes do Imserso, que comezan normalmente en setembro-outubro, poderían atrasarse este ano.
O motivo é o recurso xudicial presentado pola patronal dos hoteis en Valencia. Consideran que o programa discrimina os hoteis de tres estrelas, que quedan excluídos da oferta, e que ademais, en xeral, quérenlles pagar menos por noite.

A última vez que se presentou un recurso deste tipo, o inicio das viaxes atrasárase dous meses. O ano pasado non se convocaron pola covid.

Noticias web

05/08/2021