CRTVG

Buscar

As vendas para a lotaría do Neno apuran os últimos días

Publicado o 29/12/2020 13:19

Malia que os despachos de lotaría teñen os décimos dende novembro, os compradores non se lembran deste sorteo ata que pasa o de Nadal, que é o que xera unha maior interese e move maior número de cartos. Malia todo, as vendas van a bo ritmo; iso si, condicionadas polas diversas xornadas festivas nas que as administracións están pechadas. Os festivos e a coincidencia de dúas fins de semana case pegados ás festas de Nadal e Ano Novo está a provocar que as compras de lotería para o clásico sorteo do Neno se concentren en apenas sete días.

Luis Tojo, dono da administración nº3 de Santiago, afirma que penaliza moito os festivos. Nadal, Ano Novo, a tarde do día 24 e 31. Son poucos días de venda para o volume que pode haber. É un sorteo que vai ven. A partir do 22 animouse a cousa, non nos queixemos.

Malia todo, Luis Tojo di que aos galegos nos gusta a lotaría de Reis: "Ten premios menores, pero tenos máis repartidos. Ten tres reintegros, ten premios de 2, 3 e 4 cifras".

Aínda que as vendas están lonxe das cifras da lotaría de Nadal, que xa anotou unha facturación menor da habitual no ano da pandemia, o sorteo de Reis pode ser un bo remate para un ano complicado.

Noticias web

29/12/2020