CRTVG

Buscar

As vendas do sector servizos soben un 22.9% en xuño en Galicia

Publicado o 16/08/2021 12:26
As vendas do sector servizos soben un 22.9% en xuño en Galicia

A luz non da tregua pero hai outros indicadores que alivian a economía de moitos fogares galegos. É o caso do sector servizos, que dispara a súa facturación en Galicia As vendas aumentaron un 22,9 por cento en xuño, respecto ao mesmo mes do ano anterior. Sitúase lixeiramente por riba da media, e é o maior incremento despois dos de Baleares, Madrid e Canarias, segundo publica este luns o Instituto Nacional de Estatística. No conxunto do ano o sector acumula un aumento das vendas do 20 por cento


 

Noticias web

16/08/2021