CRTVG

Buscar

As vendas de coches caeron un 73% en maio, a segunda peor cifra da historia

Publicado o 01/06/2020 18:54
As vendas de coches caeron un 73% en maio, a segunda peor cifra da historia

As vendas de coches caeron en maio un 73 por cento, a segunda peor cifra da historia. A pesar da desescalada, o mercado automobilístico español segue rexistrando fortes descensos pola crise do coronavirus. No que vai de ano só se venderon a metade dos coches que no mesmo período do ano pasado. Desde Anfac auguran un mal ano para as matriculacións que caerán, din, un 45 por cento en todo 2020.

Noticias web

01/06/2020