As vendas de coches aumentan, pero son un 39 % menos que antes da pandemia
Publicado o 03/05/2021 14:52

As vendas de coches novos pecharon o peor cuadrimestre dende 2014. As matriculacións de turismos e todo terreos aumentaron case un 19 por cento con respecto ao ano anterior, un crecemento enganoso porque en 2020 coincidiu co peche dos concesionarios polo confinamento.
Comparadas coas cifras de 2019, antes da pandemia, as vendas caeron máis do 39 por cento.