CRTVG

Buscar

As vendas de coches a particulares levan caendo nove meses seguidos

Publicado o 11/06/2019 14:55

A venda de coches a particulares leva caendo nove meses seguidos. Dende a patronal dos concesionarios cren que se debe ás dúbidas que xera nos clientes a eventual prohibición do gasóleo anunciada polo Goberno.

Alfonso Nogueiro, director xeral de Faconauto, cre que "hai que ir a unha transición cuns pasos que non espante o consumidor e poñan en risco os postos de traballo".

O que si medra é a venda de coches eléctricos, aínda que só representa o 2 e medio por cento das operacións. 

"O primeiro país europeo, Noruega, cun 49% de cuota en venda de eléctricos, ten un PIB per cápita de 79.000 euros fronte aos 26.000 que temos en España. Está claro que a tecnoloxía aínda ten que evolucionar e abaratarse", apunta Nogueiro.

Faconauto pídelle ao Goberno un plan de achatarramento urxente que permitiría renovar dous millóns e medio de coches particulares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019