CRTVG

Buscar

As vacinas de Moderna chegan ás comunidades autónomas

Publicado o 14/01/2021 08:29
As vacinas de Moderna chegan ás comunidades autónomas

As vacinas de Moderna chegan ás comunidades autonómas. E incluso houbo onde xa comezaron a administralas. En Valencia xa puxeron as primeiras 400, destinadas a sanitarios que traballan con doentes crónicos complexos nun hospital alacantino.

O ritmo de vacinación acelérase en España. Onte admistráronse máis de 93.500 inxeccións, segundo o ministerio. As maiores porcentaxes de doses inxectadas rexístranas Ceuta e Melilla, Valencia, Asturias e Galicia.

Noticias web

14/01/2021