CRTVG

Buscar

As universidades galegas ofertarán 15 novos mestrados no curso 23/24

Publicado o 12/01/2021 14:36

No curso 2023-2024 as universidades galegas van impartir novos mestrados acordes a outros tantos perfís profesionais que agora non cobren porque aínda non había demanda deles. Atinxen a ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas e enxeñería e arquitectura. 

"Estes másteres enmarcaranse no proceso de mellora do mapa de titulacións de Galicia. Temos o reto de adapatar o noso abano á demanda social constatable", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

As tres universidades, dúascentas empresas e a Xunta prepararon xuntas a guía de perfís profesionais de 2030. A Universidade galega pide procedementos claros e financiamento suficiente e promete unidade sen localismos.

"As universidades estamos preparadas para loitar xuntas e coordinadas para conseguir eses obxectivos", dixo Julio Abalde, reitor da Coruña.

A guía apela a máis colaboración coas empresas, máis competencias transversais dos alumnos e máis flexibilidade nas titulacións, que os coñecementos técnicos non quiten a capacidade analítica das humanidades.

Noticias web

12/01/2021