CRTVG

Buscar

As universidades galegas non retomarán as clases presenciais este curso

Publicado o 06/04/2020 15:13

A reunión entre a conselleira e os reitores serviu para tomar unha decisión que xa se daba por feita nas universidades, e que se confirmou coa prórroga do estado de alarma. Non haberá regreso ás aulas, e este curso rematará de xeito telemático.

A consellería enviaralles instrucións comúns para asegurar a calidade do ensino a distancia. Canto á avaliación, haberá unha reunión a finais de abril para tomar unha decisión, en función da evolución da situación sanitaria.

Varios sindicatos de estudantes piden dar por rematado o curso, coa superación automática de todas as materias.

A Conselleira de Educación tamén se reuniu este mediodía coa CIUG para abordar as datas da convocatoria extraordinaria da ABAU, que será os días 15, 16 e 17 de setembro.

Noticias web

06/04/2020