CRTVG

Buscar

As universidades galegas esgotan as prazas de 48 titulacións para o vindeiro curso

Publicado o 23/07/2019 20:07

As universidades galegas esgotan as prazas de 48 titulacións para o vindeiro curso. Dezaseis delas pechan a matrícula con notas de corte superior ao 10.

Os dobres graos e as carreiras como Medicina, Xornalismo ou Tradución foron as primeiras en poñer o cartel de completo.

Os alumnos que formalicen a matrícula no segundo chamamento poderán elixir entre os dous terzos das carreiras restantes, en que aínda hai opcións de entrar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019