CRTVG

Buscar

Novo perfil covid nas UCI: unha embarazada ou doentes con pouco máis de 20 anos

Publicado o 17/06/2021 15:20

Os pacientes de covid-19 que ingresan nos hospitais son cada vez máis novos e mesmo nas unidades de críticos tratan mozos de pouco máis de 20 anos.

É o caso do complexo hospitalario da Coruña. Na unidade de críticos tratan unha muller embarazada de 35 anos de idade. Segundo fontes do hospital, a evolución é favorable, pero a súa condición de xestante recomenda un seguimento exhaustivo.

Hai outros pacientes en Ferrol ou Santiago entre 20 e 30 anos. as autoridades sanitarias véñeno advertindo. O virus segue estando presente e atopa na poboación que non está vacinada a mellor diana. Por iso, é necesario, insisten os sanitarios, seguir cumprindo todas as medidas de precaución necesarias.

Noticias web

17/06/2021