CRTVG

Buscar

As treboadas ameazan a vendima en Valdeorras

Publicado o 02/09/2021 16:32

Cun aviso amarelo activado para esta tarde, os adegueiros da comarca de Valdeorras miran o ceo con preocupación. Unha choiva intensa ou unha apedrada nestas alturas poderían ser un desastre. De momento a mañá foi boa. Aínda que ese risco de treboadas atrasou unhas horas o comezo da vendima, nalgunha leira decidiron continuar coa recolleita.

Como todo é unha cuestión de cantidade, pero a inestabilidade meteorolóxica fai imprevisible a cantidade de auga que poida caer en puntos concretos, polo menos ata as dez da noite.

A previsión é que a partir de hoxe a situación mellore e se poida continuar a vendima con máis tranquilidade. Quedan por diante semanas de recolleita que, este ano preséntase abondosa e das mellores calidades.

O Consello Regulardor da D. O. Valdeorras agarda que este ano se superen os 5,5 millóns de quilos de uva.

Noticias web

02/09/2021