CRTVG

Buscar

As traiñeiras galegas sairán á auga o vindeiro luns e a ACT poderá comezar o 4 de xullo

Publicado o 13/06/2020 12:40

As traiñeiras galegas recibiron a confirmación de que poderán volver aos adestramentos na auga o vindeiro luns, día 15 de xuño. Con esa data cúmprense os prazos de adestramentos establecidos para comezaren a liga na fin de semana do 4 de xullo, coa Bandeira da Coruña. 

 Lembremos que as vascas, rivais de Cabo e Ares na ACT, xa levan varias sesións de adestramento. De todos os xeitos o rendemento que poidan ofrecer nesas primeiras fins de semana para todos os equipos será unha incógnita porque chegarán moi xustos de preparación.  

Noticias web

13/06/2020