CRTVG

Buscar

As tormentas tamén complicaron a circulación na provincia de Lugo, especialmente en Chantada

Publicado o 13/07/2019 20:01

Os avisos de treboada tamén afectaron ao centro e sur da provincia de Lugo. A caída de pólas complicou a circulación por varias estradas secundarias. Especial incidencia causou en Chantada, onde a treboada afectou a varios establecementos e garaxes, que quedaron asolagados coma consecuencia da forte riada. Por momentos, circular pola vía era tarefa imposible. A auga baixaba con forza e acabou por entrar en varios locais. Tamén nalgunha vivenda danou electrodomésticos e mobles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019